Abr
5
NOVAS HISTORIAS DE GALEGOMAN E GALEWOMAN

Galewoman e Galegomán están máis fortes que nunca e chegan con novas historias. Aí vos deixamos un cómic feito por alumnado de 3° de ESO. Premer en "ler máis"  

 

Abr
2
OS MESES DO ANO E OS DÍAS DA SEMANA ( 1ºEP)

Mar
22
DÍA MUNDIAL DA POESÍA

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

              O xoves, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía, forma de expresión artística que “fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos”. A UNESCO estableceu este día co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas en situación de inferioridade ou mesmo de desaparición.

              Dende a nosa Escola gustaríanos  colaborar a esta visibilización tanto da lingua galega como da poesía levando a cabo diversas sesións de creación e búsqueda poéticas que rematarán cun recital poético feito polo alumnado.

 

SE QUEREDES VER MAIS PREMER EN "LER MAIS". 

Mar
21
RECOMÉNDOCHE UN LIBRO

 

 

Estimados pais:

Informámosvos de que ó longo deste mes de marzo realizaremos unha actividade chamada “Recoméndoche un libro”.

Consistirá en gravar un vídeo no que nos recomendedes un libro. Podedes participar toda a familia e botarlle toda a imaxinación e “salero” que queirades.

Haberá que atender as seguintes normas:

  • A lingua empregada debe ser o galego.

  • O vídeo non poderá superar os tres minutos.

  • A crítica debe ser construtiva.

  • Empregarase un rexistro formal.

  • Non se desvelarán aspectos relevantes do libro.

  • A data tope para a entrega dos vídeos será o 12 de abril.

As gravacións debedes mandalas ó enderezo electrónico edlg@escuelasnieto.com

No caso de que o arquivo adxunto sexa demasiado grande podedes utilizar algunha páxina de envío de arquivos como WeTransfer ou outra que coñezades.

Os tres mellores vídeos recibirán un premio que se lles entregará o Día das Letras Galegas.

 

Mar
14
SOMOS SUPERHEROES

Bo día!

   Somos Galegomán e Galewoman. Para quen non nos coñeza aínda, contarémosvos que somos os "superheroes defensores do galego" e os "compis" que nos acompañan son algúns dos nos@s ferventes seguidores.

   Antes andabamos camuflados no medio da páxina web do cole pero agora temos un espazo de noso que imos encher con todo aquel material que vós nos queirades enviar e que potencie o emprego da nosa lingua e o coñecemento da nosa cultura.

   Para lograr este propósito propoñémosvos unha actividade que lle chamaremos "Recoméndoche un libro" e da que mañá mesmo vos desvelaremos todos os segredos.

© Escolas Nieto 2019